EN EXCLUSIVA

11.25.2016

PARCHÍS MÁXICO

XOGAMOS TODOS!
 
Unha cor, un movemento.

11.17.2016

MOITA EMOCIÓN

Moita emoción contida foi o que sentían todos na clase, esta mañá, durante a realización do ditado. A medida que íamos avanzando acompañábanos o tintineo da "perkins". Todos se miraban moi emocionados e ao mesmo tempo orgullosos de compartir clase con Xabela. No ambiente respirábase moito cariño. Ao rematar non faltou un forte aplauso.
 
 

O BASTÓN

O martes, Xabela amosounos o seu bastón. Fíxonos unha demostración de como ten que usalo. Algúns compañeiros tamén tiveron ocasión de probalo.
O bastón está "tuneado" cuns bonitos adornos de cores e máis ben parece unha variña máxica.
Mola! Tamén comprobamos que xa o sabe usar con moita maestría.

CONTO DE PULGARCITO NA BIBLIOTECA


Escoitamos na biblioteca con moita atención o conto.
Despois, na clase, inventamos en cadanseu  conto cun chisco de medo. Quedáronnos  moi ben.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO




Recitamos un poema do magosto.


     Comemos castañas.











E tamén xogamos coas castañas.





11.08.2016

NOVA FONTE DE INSPIRACIÓN



O debuxo da nosa roupa serviu de inspiración para estas creacións.




MÁIS XOGOS

Que non caia!

 
O gusano xoguetón

LILI FÍXOSE REALIDADE

Leticia, que é unha artista, fixo a Lili.
 
 
Lili, igualiña á do debuxo.
 

Lili sen lentes  e con outro modeliño. 
 
 
Lili familiarizándose co noso blog.
 

11.04.2016

TRABALLAMOS XUNTOS

Xa facemos traballos coma o curso pasado, "todos xuntos".
Hoxe, no caderno de galego, ditado e historia inventada.




PRIMEIRO DITADO BRAILLE



















Ditado feito coa máquina perkins ao mesmo tempo e velocidade que @s compañeir@s de 2º.










IMPRESIONANTE!!!!
Non hai palabras, nin por suposto nota, para calificar este gran avance.  Todo un éxito conseguido en mes e medio de traballo, de traballo duro, non é doado.
MOITOS PARABENS,  XABELA!!!!