EN EXCLUSIVA

3.24.2017

FESTA DESPEDIDA

A  profe  Carmen rematou hoxe as súas prácticas.
Organizou unha bonita festa con moitas lambetadas e música para bailar.

 
Grazas pola túa axuda!
Moita sorte!
 

 

ACHEGÁMONOS Á LINGUAXE DE XORDOS





COMUNICACIÓN  
XORDO/CEGO
 

3.16.2017

FOTOS SORPRESA!

Fotos feitas no recreo coa profe Carmen. Quedaron encantados e pediron que as subiese ao blog.
Aquí están, a algún custa recoñecelo! 
 
 
 



3.07.2017

"O RÍO ÉNCHESE DE REGATOS PEQUENOS"

*Un día eu estaba xogando e vin unha pelexa. Díxenlles que pararan e non me facían caso. Ao final deixaron de pelexar e comezaron a compartilo todo. 
A miña nai díxome:
-O río énchese de regatos pequenos.
Tomé.  

*Había unha nena moi xenerosa e con moitas ganas de saber. Un día a súa nai díxolle:
-Tes que entender o dito "o río énchese de regatos pequenos".
Pero, á nena parécelle complicado e non o entende.
Un día no parque viu a dous nenos pelexando, foi a xunta deles e díxolles:
-Tedes que xogar xuntos e facer realidade o dito "o río énchese de regatos pequenos"
Lía. 

*Érase unha vez nun colexio que uns cantos nenos e nenas  xogaban xuntos e os doutro grupiño non se levaban moi ben.
De súpeto uns nenos aburríanse e decidiron xogar todos xuntos e pasárono moi, pero que moi ben.
Noelia.

*Un día Tristán díxolle ao seu pai que había un neno chamado Pablo que molestaba a todos.
-O río énchese de fregatos pequenos- contestoulle.
Tristán entendeu a mensaxe á primeira. Ao día seguinte falou cos seus compañeiros para uniren forzas.
E Pablo non os molestou máis.
Tristán.

*Un día no CEIP Illas Cíes había parellas de nen@s por todo o patio, separad@s.
Chegou unha nena nova e díxolles:
-"O río énchese de regatos pequenos" é unha frase moi importante.
-Por que?
-Porque hai que unirse!
Desde entón tod@s xogaron xunt@s.
Laura

*Era unha vez un neno chamado Carlos, que lle dicía ao seu pai:
-A amistade é boa para todos os amigos.
Carlos díxollo tamén á súa avoa. Ela contestoulle:
-O río énchese de regatos pequenos.
Antón. 

*Había unha vez un neno que sempre quixo saber o que sgnificaba o dito "o río énchese de regatos pequenos". Preguntou á súa nai:
-Que quere dicir "o río énchese de regatos pequenos"?  
-Que moitos grupos pequenos fan un grande e así todo sae mellor.
Desde ese día ao neno encántalle usar ese dito.
Guillermo.
 

Repasamos Sociais!

Para repasar o segundo trimestre de Ciencias Sociais preme aquí.



Repasamos Naturais!

Para repasar o segundo trimestre de Ciencias Naturais preme  aquí.