EN EXCLUSIVA

2.15.2017

SAÍDA AO MERCADO DAS TRAVESAS



Nada máis chegar, déronnos unha explicación de como ía ser a visita. Despois iniciamos o percorrido polos distintos postos do mercado.


Estivemos en varios postos, un de cada tipo. Os vendedores e as vendedoras explicáronos cousas relacionados co seu posto.


A continuación debuxamos, vimos un video, tomamos unha merenda moi saudable e xogamos a uns xogos de ordenador.



AS  NOSAS OPINIÓNS
-Había moitas cousas boas. Neo
-Gustoume ver os postos. Tristán
-Vimos unha chea de verduras. Aroa
-Gustoume o xoguete do minimercado. Lía
-Impresionáronme os bogavantes. Alba.
-A froitería tiña de todo. Laura
-En cada posto había cousas diferentes. Noelia
-Resultoume moi gracioso ver un polo enteiro. Guillermo
-Gustoume ver os peixes e sabemos recoñecer azuis ou brancos fixándonos na súa cola. Alicia