Hoxe chegou CROCUS, a mascota da biblioteca, á nosa clase cunha maleta.
Iría de viaxe ou querería mudar de casa?
A maleta era ben grande.
...E abrimos a maleta!!
Cantos contos!!!
Que bonitiños!!!
Despois de ler fixemos un traballo do conto que nos tocou.
Segundo a lingua en que estivese o libro lido, usamos o caderno de galego ou de castelán para escribir algo relacionado co conto.
Segundo a lingua en que estivese o libro lido, usamos o caderno de galego ou de castelán para escribir algo relacionado co conto.
Uns escribiron un resumo, outros un anaco do conto e outros deron a súa opinión.
Foi unha xornada "especial" cun intensivo de lectura de contos.
Divertímonos lendo, lendo e lendo.
Ler é moi saudable!!