SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

11.17.2016

O BASTÓN

O martes, Xabela amosounos o seu bastón. Fíxonos unha demostración de como ten que usalo. Algúns compañeiros tamén tiveron ocasión de probalo.
O bastón está "tuneado" cuns bonitos adornos de cores e máis ben parece unha variña máxica.
Mola! Tamén comprobamos que xa o sabe usar con moita maestría.