Trátase dun proxecto que xurdiu ao remate da reunión de pais/nais coa profe para falar do traballo do curso escolar 2016/2017 en Segundo de Primaria.
Un grupo de pais/nais quería facer "algo" para amosar o seu cariño e solidaridad con Xabela e mailos seus pais. A min pareceume unha boa idea que Xabela escribira un conto e que os pais/nais o ilustraran; de tal xeito que Xabela puidera tocalo e sentir os debuxos coas súas mans, naquel momento estaba nesta aprendizaxe.
Carlos non dubidou en coordinar o traballo dos pais e nais. Eu ocuparíame de que Xabela escribira o conto. E así foi como comezou o Proxecto "Lili". Faríamos dous exemplares iguais; un para Xabela e outro para agasallar á ONCE onde outros nenos terían un conto máis en braille para ler, e este en galego.
Carlos non puido rematar este creativo Proxecto. O seu tempo no noso mundo rematou, se ben, cabe destacar o ilusionado que estivo con el ata o final dos seus días.
Un tempo despois do pasamento, responsabilizáronse desta tarefa Leti e máis Ali. O proxecto tiña un novo motivo engadido: finalizar o que Carlos comezara a coordinar. Polo que o remate do Proxecto Lili foi todo un éxito. Nas mans de dúas artistas, non podería ser doutra maneira. Seguro que a Carlos, ese "alquimista de pensamentos e amigo" do que nos falan na dedicatoria do libro pareceríalle un traballo espectacular.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!