SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

6.24.2017

"LILI" UN CONTO DE XABELA MARTÍN FREIRÍA













 
 

 
Lili  vive nunha casiña rodeada dun bonito prado con moitas flores. Alí xoga cada día coa súa cadela Lúa. 
 


O seu cuarto está pintado de lila. Nel hai un estante no que  ten unha chea de contos de princesas. A roupa gárdaa nun armario con debuxos das súas flores favoritas.

 
A Lili gústalle moitísimo  o mundo da moda. A roupa que máis lle gusta son os vestidos e máis as saias, en especial os de voos e con teas brillantes.
 
A súa comida preferida é a tortilla de patacas. Pásao de marabilla facendo galletas de chocolate e biscoitos.


Na escola desfruta escribindo, lendo e facendo todas as cousas que se fan na clase. En música mólanlle  os instrumentos, tanto que non sabe cal elixir.

 
Lili no recreo xoga coas súas amigas e amigos á pita. Di que é emocionante  porque ten que escapar ás carreiras para que non a pillen.


Un día no cole, cando estaba escribindo un conto dunha ra viaxeira, caéuselle un dente. Avisou á profe que llo meteu nun paquetiño para asegurar que non se perda pola mochila.




Cando Lili chegou á casa xa era noite.

-Un dente! Caeume un dente!

E foi correndo ao seu  cuarto para deixar o dente debaixo da súa almofada.


Durante á cea contoulle á súa familia a historia do seu dente, xa que non foi quen de tomar o bocadillo da merenda e agora tiña moitísima fame.
 
Aquela noite foi ben longa, Lili non se daba durmido porque estaba impaciente pola chegada do rato Pérez. Tiña tanto sono que ao final quedou durmida.
 
Ao día seguinte cando espertou,  sorpresa!

O rato Pérez deixoulle un peluche de coelliño que brillaba na escuridade.

Que  bonito!
 
A Lili fíxoa moi feliz aquel coelliño. Dende entón durme con el todas as noites e  sempre soña que xogan moi felices os tres; ela , o seu can Lúa e o coelliño.