Moita emoción contida foi o que sentían todos na clase, esta mañá, durante a realización do ditado. A medida que íamos avanzando acompañábanos o tintineo da "perkins". Todos se miraban moi emocionados e ao mesmo tempo orgullosos de compartir clase con Xabela. No ambiente respirábase moito cariño. Ao rematar non faltou un forte aplauso.