SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

FANTASÍA ILLAS CÍES


Fantasía de apelido Illas Cíes é un blog cheiño de sonos.

Soña con historias froito da imaxinación e creatividade dos seus colaboradores. Alimentándose da súa alegría e vitalidade.

Recibe a tod@s os que queiran visitalo na casa que ten no mundo de internet onde é coñecida como  FANTASIACÍES  por aquilo da distinción na rede.

Fantasiacíes desfruta das ocorrencias dos seus colaboradores.

A súa dirección é:
       www.fantasiacies.blogspot.com.es




COÑECENDO A FANTASÍA

Coñecemos a Fantasía ao chegar a  Primeiro  de Primaria e fixémonos moi amig@s. Ata lle fixemos unhas cantas caricaturas.

A Fantasía mólalle a nosa clase e máis todas as cousas que solemos facer cada día: ler, escribir, debuxar, exercicios, inventar personaxes, historias, aventuras ...

Fantasía pásao moi ben xogando no parque da Miñoca, alí atópase con nós cando imos xogar. Tamén lle gusta canta, bailar, ir de compras e cociñar os seus pratos favoritos. Algún día verémolo en “Master Chef”.

 

O QUE NUNCA FARÍA  FANTASÍA

Fantasía, de igual xeito que nós, ten cousas que non lle gustan e que o incomodan moitísimo.

Non lle gustan as guerras e máis os insultos. Tampouco lle gustan as enfermidades porque son malas e non lle permiten facer o que queira.

Os berros paralízano e os sustos enfádano moito, moito.

 ..........................................................................

Fantasía nunca tira lixo ao chan e  recolle todo que atopa, di que o exemplo é a mellor ensinanza.

Fantasía quere se amigo de tod@s e xogar con tod@s.