SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

10.28.2016

"REVOLUCIÓN BRAILLE"

Hoxe Xabela sorprendeunos cunha explicación maxistral de brille axudada pola súa  profe da ONCE,  Isabel. Todos amosaron un gran interés e intentaron adiviñar os  seus nomes nunhas tarxetas en braille que traía preparadas Xabela.
O momento de maior intensidade foi cando viron o funcionamento da máquina perkins. Quedaron abraiados ao ver como  se manexaba Xabela con ela.



GRAZAS, XABELA!

Esperamos con ilusión e ganas de aprender un pouco máis a próxima sesión.

10.27.2016

10.23.2016

LIBROS DA BIBLIOTECA

Temos  na nosa aula un "lote" de libros  moi guais da biblioteca, en galego e máis en castelán.
Iremos levándoos para ler na casa, cada un/unha ao seu rirmo.
A medida que vaiamos lendo, faremos un traballo sobre o libro lido. E farémolo nunhas follas coas que logo realizaremos un libriño que virá sendo unha  "antoloxía"  moi persoal sobre as nosas lecturas.
 
 


ENSAIANDO PARA GRAVAR



Grupo de compañeiros preparándose para facer unha gravación de audio.

CON CARIÑO...


10.07.2016

A MOCHILA VIAXEIRA

Hoxe, día 7 , comeza a súa andaina a MOCHILA VIAXEIRA.
Está cargada duns libros moi molóns.
Xabela dixo ao chou o número 21 e empeza levando a mochila o 21.
A orde será 21- 22- 23- 1 - 2 -... ata pasar por todas as casas.

 

COMEZA O CURSO NA BIBLIOTECA

O mércores, dia 5 de outubro, baixamoa á biblioteca porque comeza o curso para o  préstamo de libros.
Escoitamos con atención o conto " EL HOMBRECILLO DE PAPEL".  En clase fixemos uns traballos nos cadernos.
E... DÉRONNOS UN CARNÉ DA BIBLIOTECA!

10.04.2016

"LA TARARA"

































Tanto lles gustou o poema/canción sobre o que traballaron no libro de "lengua castellana", que pediron  facer este traballo.
Encantoulles!!!

O MEU COLE