SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

12.07.2016

TOD@S FOMOS CEG@S POR UN INSTANTE


Do mesmo xeito que fixemos  todo o profesorado, os alumn@s de segundo de Primaria realizaron un percorrido polo cole poñéndose  "na pel" dunha persoa cega. A actividade realizase por parellas, sendo un cego e outro guía, de forma que tod@s sexan cegos e guías.



SENTÍN...

"Primeiro sentín algo de medo, ao final deixeime guiar". Brais
 
"Eu sentime no mundo dos cegos, pensei que ía caer polas escaleiras". Diego

"Pensei que ía caer ao chan e tiña medo de chocar contra as portas. A guía axudoume moito". Antón

"Sentín un pouco de medo e ía pensando en algo bonito para non perder o equilibrio". Noelia

"Sentín un pouco de medo porque non sabía o que había diante de min". Tristán

"Sentinme cega e de non ser polo guía non sabería se había escaleiras." Ángela


 
"Sentín un pouquiño de mediño e nervios. Foi toda unha aventura". Alba

"Sentín medo poque non vía nada e mareabame un pouquiño". Alejandro

"Ver todo negro deume medo. Sentín confianza no meu guía". Lucas

"Tiven medo de caer polas escaleiras que me parecían máis curtas e pequenas". Laura

"Non ver nada, púxome un pouco nervioso". Hugo

"Sentín que podía caer". Nikol

"Pasei medo polas escaleiras". Valeria

"No percorrido noteime nerviosa, non pasou nada grazas á guía". Lía
 

"Levar guía axuda moito". Xiana
 
"Pareceume  peligroso e difícil porque te puedes facer dano. Ir con guía fíxome sentir bien e con calma". Neo
 



OPINIÓNS DESTACADAS

- "Actividade espléndida para orientarse e aprender". Lía
 
- "Pareceume ben poque aprendemos como andan os cegos". Hugo
- "Gustoume sentir os distontos papeis que había polas paredes e a frialdade das ventás". Lucas
 
- "Divertinme pensando que estaba nun laberinto". Alba
 
- "Moloume esta acividade porque puiden ser cego e guía". Ángela
 
- "Gustome baixar escaleiras,  facíao coma se puidera ver pero sen ver". Brais