Hoxe Xabela sorprendeunos cunha explicación maxistral de brille axudada pola súa profe da ONCE, Isabel. Todos amosaron un gran interés e intentaron adiviñar os seus nomes nunhas tarxetas en braille que traía preparadas Xabela.
O momento de maior intensidade foi cando viron o funcionamento da máquina perkins. Quedaron abraiados ao ver como se manexaba Xabela con ela.
GRAZAS, XABELA!
Esperamos con ilusión e ganas de aprender un pouco máis a próxima sesión.