SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

12.28.2017

CEIP ILLAS CÍES - VIGO

Os colaboradores deste blog, alumn@s do CEIP ILLAS CÍES, colaboraron activamente na realización do mesmo.

-1º Primaria (2015/2016)
-2º Primaria (2016/2017)

Aquí recóllense:
* As súas primeiras aprendizaxes no mundo da  lecto-escritura e a súa evolución.
* O desenvolvemento da creatividade  e imaxinación polo UNIVERSO da  "fantasía". Afondando na expresión artística a través dos debuxos e das ilustracións que  forman e complementan este blog.

AGORA, XA VOAN SÓS.

 
 
 
·Blog do alumnado de 5º Primaria (2009/2010, 2011/2012, 2013/2014) e 6º de Primaria (2010/2011, 2012/2013, 2014/2015)

http://ceipillasciesterceirociclo.blogspot.com.es/

11.22.2017

TONILANDIA?????


7.10.2017

TONILANDIA, AUDICIÓN

Neste enlace poderedes escoitar o conto de TONILANDIA, inventado e contado por tod@s.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d124657315k9159998o1l1/tonilandia-si

7.09.2017

O MEU DERRADEIRO DÍA NA ESCOLA


Este fue el último día.




Las despedidas son muy tristes, por eso opté por no decir nada a mis alumn@s. Aún así,  tenían un cariño para mí.


¡Todo un detalle!      

                Mil gracias.
<Cada alunm@ pasa por varios profes  a lo largo de su vida y de cada uno de ellos se va quedando con "algo".> Luisa

Yo siempre digo que cada uno de mis alumn@s, en mis 38 años de docencia, se queda  un poquito de mí.

Chic@s de  Segundo de Primaria (2016/2017) del CEIP Illas Cíes, nunca os olvidaré y recordaré con una sonrisa, con cariño, el tiempo que compartimos y vuestras geniales ocurrencias.

Os veré en el cole o por la calle y podremos saludarnos, charlar, recordar, reírnos,... 

Unha boneca xaponesa de nome Kokeshi


Bonita muñequita japonesa hecha con todo detalle por Leti.

¡Gracias!
 
Leti me envío este enlace de su artesanal blog donde casi todo se hace a mano y, por supuesto, con mucho ARTE.

      https://conhiloslanasybotones.blogspot.com.es/2017/06/kokeshi-amigurumi.html

DEBUXOS E CARICATURAS DA PROFE


















 
 

























En recordo de Carlos, o pai de Antón

Non quixera deixar pasar este momento no que "Lili", o conto de Xabela, é unha realidade.
Trátase dun proxecto  que xurdiu ao remate da reunión de pais/nais coa profe para falar do traballo do curso escolar 2016/2017 en Segundo de Primaria.
Un grupo de pais/nais quería facer  "algo" para amosar o seu cariño e solidaridad con Xabela e mailos seus pais. A min pareceume unha boa idea que Xabela escribira un conto e que os pais/nais o ilustraran; de  tal xeito que Xabela puidera tocalo  e sentir os debuxos coas súas mans, naquel momento estaba nesta aprendizaxe. 
Carlos non dubidou  en  coordinar o traballo dos pais e nais. Eu ocuparíame de que Xabela escribira o conto. E así foi como comezou o Proxecto "Lili". Faríamos dous exemplares iguais; un para Xabela e outro para agasallar á ONCE onde  outros nenos  terían un conto  máis en braille para  ler, e este en galego.
Carlos non puido rematar este creativo Proxecto.  O seu tempo no noso mundo rematou,  se ben, cabe destacar o ilusionado que estivo con el ata o final dos seus días. 
Un tempo despois do pasamento, responsabilizáronse  desta tarefa Leti e máis Ali.  O proxecto tiña un novo motivo engadido: finalizar o que Carlos comezara a coordinar. Polo que o remate do Proxecto Lili foi todo un éxito. Nas mans de dúas artistas, non podería ser doutra maneira. Seguro que a Carlos, ese "alquimista de pensamentos e amigo" do que nos  falan na dedicatoria do libro pareceríalle un traballo espectacular.
 
MOITÍSIMAS  GRAZAS!!!

 
PARABENS A TOD@S !!!

Los ojos de Xabela iluminan al mundo




http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/07/09/xabela-ojos-son-rien-mundo/1713439.html

XABELA, LOS OJOS QUE SONRÍEN AL MUNDO

Baixo este titular publica Faro de Vigo a reportaxe que fixo en torno a Xabela e o seu libro "Lili" o pasado 30 de xuño no cole.







Conto: "MANOLIÑO E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

































Publicado no suplemento escolar do Faro de Vigo, "A ESCOLA DO FARO"  do 9 de maio de 2000.
É un resumo dun conto que naceu polo 1997. Contén tantos parágrafos  como alumn@s de primeiro tiña aquel ano. Cada paragrafo tranformaríase nunha páxina escrita e ilustrada  por cada un dos meus alumn@s de primeiro do curso 1996/97.
No ano 2000 outros alumnos de 2º de Primaria farían esta interpretación.

6.24.2017

"LILI" UN CONTO DE XABELA MARTÍN FREIRÍA













 
 

 
Lili  vive nunha casiña rodeada dun bonito prado con moitas flores. Alí xoga cada día coa súa cadela Lúa. 
 


O seu cuarto está pintado de lila. Nel hai un estante no que  ten unha chea de contos de princesas. A roupa gárdaa nun armario con debuxos das súas flores favoritas.

 
A Lili gústalle moitísimo  o mundo da moda. A roupa que máis lle gusta son os vestidos e máis as saias, en especial os de voos e con teas brillantes.
 
A súa comida preferida é a tortilla de patacas. Pásao de marabilla facendo galletas de chocolate e biscoitos.


Na escola desfruta escribindo, lendo e facendo todas as cousas que se fan na clase. En música mólanlle  os instrumentos, tanto que non sabe cal elixir.

 
Lili no recreo xoga coas súas amigas e amigos á pita. Di que é emocionante  porque ten que escapar ás carreiras para que non a pillen.


Un día no cole, cando estaba escribindo un conto dunha ra viaxeira, caéuselle un dente. Avisou á profe que llo meteu nun paquetiño para asegurar que non se perda pola mochila.




Cando Lili chegou á casa xa era noite.

-Un dente! Caeume un dente!

E foi correndo ao seu  cuarto para deixar o dente debaixo da súa almofada.


Durante á cea contoulle á súa familia a historia do seu dente, xa que non foi quen de tomar o bocadillo da merenda e agora tiña moitísima fame.
 
Aquela noite foi ben longa, Lili non se daba durmido porque estaba impaciente pola chegada do rato Pérez. Tiña tanto sono que ao final quedou durmida.
 
Ao día seguinte cando espertou,  sorpresa!

O rato Pérez deixoulle un peluche de coelliño que brillaba na escuridade.

Que  bonito!
 
A Lili fíxoa moi feliz aquel coelliño. Dende entón durme con el todas as noites e  sempre soña que xogan moi felices os tres; ela , o seu can Lúa e o coelliño.