SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

10.29.2015

E... MÁIS TRABALLOS PARA A CASA!

 


Xa temos na casa máis traballos  onde podemos ler e ler.

Canto máis leamos mellor que mellor, xa que máis axiña aprenderemos a lelo todo.



                    LER MOLA!!!!!!!!


CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Tivemos unha actividade na
biblioteca.  Escoitamos
contos de "medo" e
vimos unha  peli.









 Esta é Lulú celebrando o Samaín.

 Debuxo de Noelia.

                                                         

10.28.2015

DEBUXOS DE LUZ


 









O SOÑO DE ESTHER

 Miguel Ángel  Alonso contounos o conto que creou pensando na súa filla que é de canda nós. A Esther non lle gustaba moito aprender as letras e os números e...                                                       

Tamén nos contou o conto "O valente coello que quixo soñar".
Xuntos cantamos con coreografía:
 
PLAS, PLAS, PLAS
 
CO LENTO CAMIÑAR
 
PLAS, PLAS, PLAS
 
Ó MAR QUERO CHEGAR
 
PLAS, PLAS, PLAS
 
EU QUERO NAVEGAR
 
PLAS, PLAS, PLAS
 
VOU SER UN CAPITÁN.
 

10.23.2015

MURAL DO SAMAÍN


A MOCHILA VIAXEIRA

A partires de hoxe ponse en funcionamento a "MOCHILA VIAXEIRA".
Estará unha semana en cada casa.
Mentres non aprendamos a ler todas as letras, convén que alguén da casa lles axude cos contos.
Despois, como xa se sabe de cursos anteriores, deixarase un comentario no caderno que para ese fin  leva a mochila.

            A DISFRUTAR DA LECTURA EN    FAMILIA!!!!

PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA DO COLE PARA O CURSO 2015/16


Hoxe, 23 de outubro baixamos á Biblioteca. A profe Rosa recordounos as normas  de funcionamento e como hai que comportarse na Biblioteca. Mentres tanto íanos   contando  un conto dun ratiño chamado Frederick.

 

Este ratiño cando os demais ratos traballaban  na recolleita de comida, el estaba sentado recollendo  os raios de sol, cores e palabras bonitas para alegrar aos amigos.
E así foi, cando se lles acabou a comida Frederick contáballes as súas ocorrencias, as cores , os raios de sol, ... e todos tan contentos. Xa non tiñan comida, pero eran felices co talento do rato protagonista.
Na clase fixemos un debuxo do conto.
 

10.22.2015

REMATAMOS O CADERNIÑO DA UNIDADE DOS PRIMEIROS DÍAS


Xa temos un sitio máis para ler na casa as letras que aprendemos e así asimilalas mellor.
É moi bo que cada día leamos un pouco nos traballos que levamos feito.





10.20.2015

IVÁN TAMÉN FAI TRABALLOS




Iván   ven á nosa clase   dous días á semana.  Cada día que pasa, sabe mellor como hai que estar en Primeiro. Leva outro ritmo.
Aprende moitas cousas traballando con xogos e materiais didácticos. 
Hoxe, 20 de outubro, levou as fichas que leva feito para a casa.
                                                                                                                                            
                                                                                                                                        










10.16.2015

LEMOS E COMPRENDEMOS...

Lemos  pequenas frases que conteñen as vogais e as letras m, p e l. Comprendemos e debuxamos.

10.09.2015

MÁIS TRABALLOS ...

Levamos  novos traballos para a casa.
 
 
 
Xa temos onde ler e poder practicar o que facemos no cole. É convinte que leamos as fichas.
 
Modo de ler por se a alguén se lle esqueceu:
Tapamos a palabra e ímola descobrindo de esquerda á dereita. Lemos apoiándonos nos sons das distintas letras.

MURAL: UNHA PAISAXE ENTRE TODOS



Entre todos e aos pouquiños, fixemos esta divertida paisaxe. Non podía faltar o paso de peóns  e o "bus" conducido por Tristán.

10.02.2015

COCIÑAMOS CON CLAN












CINCO é o número de veces que temos que comer cada día. É importante comer de todo e evitar a bolería industrial. Cinco veces ao día hai que comer froitas e verduras. Sen olvidar o "ouro líquido", e dicir, o aceite de oliva virxe extra.

Para seres un campión, fai deporte e... levántate do sillón.

           Despois fomos ao comedor.


RECEITA

Ingredientes 
             


PREPARACIÓN
         
 
RESULTADO...
 


 
DEGUSTACIÓN                                                                                                                        
 
COMENTARIOS DOS COMENSALES: "Como pica a cebola"
                                                               "Que bo está todo"
                                                           "A ti gústache?"
                                                                "O peixe é moi bo"
 
 
Curiosidade:
O primeiro que desapareceu dos pratos foron as espinacas!


Na aula cubriron en cadansúa   enquisa sobre o taller.

Pasárono de marabilla.
 
Cada un levou para a súa casa un  diploma e uns  folletos informativos.