Hoxe, 23 de outubro baixamos á Biblioteca. A profe Rosa recordounos as normas de funcionamento e como hai que comportarse na Biblioteca. Mentres tanto íanos contando un conto dun ratiño chamado Frederick.
Este ratiño cando os demais ratos traballaban na recolleita de comida, el estaba sentado recollendo os raios de sol, cores e palabras bonitas para alegrar aos amigos.
E así foi, cando se lles acabou a comida Frederick contáballes as súas ocorrencias, as cores , os raios de sol, ... e todos tan contentos. Xa non tiñan comida, pero eran felices co talento do rato protagonista.
Na clase fixemos un debuxo do conto.