SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES
12.22.2016
O NOSO TRAMO DO RÍO "navegando@illascies.gal"
Un bo día os peixes do río Fantasía que queda á carón dunha bonita vila chamada Fantasía; decidiron ir xogar á fervenza e de súpeto atopáronse nun gran río. Este río é o río navegando@illascies.gal
Os peixes do río Fantasía son moi curiosos porque ademais de seren bonitos, son todos diferentes, coma nós. Son uns peixes moi interesantes , comen de todo e os máis pequenos han de estar atentos non vaia ser que os grandes os coman.
Tamén lles gusta saír á superficie, queren descubrir mundo porque son cotillas e amistosos.
Os peixes tamén xogan e bailan fan carreiras e xogan ao escondite.
PENSAMENTOS
Toda a vida na escola,
primeiro para aprender,
despois para ensinar,
Cada día, unha idea
e tamén unha ilusión.
Creatividade sen par
con dedicación total.
Chega unha nova etapa,
haberaa que gozar!
aprendendo a vivir,
sen á escola acudir.
primeiro para aprender,
despois para ensinar,
Cada día, unha idea
e tamén unha ilusión.
Creatividade sen par
con dedicación total.
Chega unha nova etapa,
haberaa que gozar!
aprendendo a vivir,
sen á escola acudir.
12.19.2016
SAÍDA AO ESTADIO BALAÍDOS
Esperando para entrar.
Visita e explicación do MUSEO.
Foto coa mascota Celestino.
Fixemos fotos onde as fan o xogadores cando falan coa prensa.
Saída ao campo polo túnel de vestiarios coma se fósemos xogadores pisando por onde eles pisan.
Subimos ás gradas cos banderíns do Celta e animamos coma se houbese partido.
Foto de despedida de Primeiro e Segundo de Primaria.
12.16.2016
"PAPÁ NOEL" NO COLE
Hoxe baixamos á biblioteca a levar as nosas cartas a Papá Noel.
Despois de facer a entrega de cartas, tiramos unha foto arredor de Papá Noel.
Como Tristán tivo que saír un ratiño e non lle puido dar a súa carta, démoslla nós e Papá Noel foi tan amable que lle firmou un autógrafo no caderno.
A MALETA DOS CÓMICS
Temos " de visita" na nosa aula unha maleta chea de cómics. Estamos a facer un intensivo destes libros tan divertidos. Lemos e debuxamos!
"EN RECORDO ..."
Quero aproveitar a oportunidade que da este medio para agradecer a Carlos,
o pai de Antón, a ilusión e o cariño que puxo no “Proxecto do conto de Xabela”.
Tiña moi claro como ía ser e ata lle puxera data de remate, sen pensar que nese
intre xa non estaría entre nós.
GRACIÑAS!!!
12.15.2016
QUE É UN CÓMIC?
Hoxe, na clase de "Lengua Castellana" definimos coma se fósemos un dicionario a palabra "CÓMIC" e resultaron unhas definicións moi xeitosas. Houbo moitas boísimas, aquí van uns exemplos.
12.13.2016
PRUDEN
Aquí temos a Prudencio, Pruden para os amig@s.
E... quen ven sendo?
É o protagonista do conto "Braille para tod@s".
Este conto vainos a axudar a aprender con facilidade un pouquiño de braille.
12.09.2016
12.07.2016
TOD@S FOMOS CEG@S POR UN INSTANTE
Do mesmo xeito que fixemos todo o profesorado, os alumn@s de segundo de Primaria realizaron un percorrido polo cole poñéndose "na pel" dunha persoa cega. A actividade realizase por parellas, sendo un cego e outro guía, de forma que tod@s sexan cegos e guías.
SENTÍN...
"Primeiro sentín algo de medo, ao final deixeime guiar". Brais
"Eu sentime no mundo dos cegos, pensei que ía caer polas escaleiras". Diego
"Pensei que ía caer ao chan e tiña medo de chocar contra as portas. A guía axudoume moito". Antón
"Sentín un pouco de medo e ía pensando en algo bonito para non perder o equilibrio". Noelia
"Sentín un pouco de medo porque non sabía o que había diante de min". Tristán
"Sentinme cega e de non ser polo guía non sabería se había escaleiras." Ángela
"Sentín un pouquiño de mediño e nervios. Foi toda unha aventura". Alba
"Sentín medo poque non vía nada e mareabame un pouquiño". Alejandro
"Ver todo negro deume medo. Sentín confianza no meu guía". Lucas
"Tiven medo de caer polas escaleiras que me parecían máis curtas e pequenas". Laura
"Non ver nada, púxome un pouco nervioso". Hugo
"Sentín que podía caer". Nikol
"Pasei medo polas escaleiras". Valeria
"No percorrido noteime nerviosa, non pasou nada grazas á guía". Lía
"Levar guía axuda moito". Xiana
"Pareceume peligroso e difícil porque te puedes facer dano. Ir con guía fíxome sentir bien e con calma". Neo
OPINIÓNS DESTACADAS
- "Actividade espléndida para orientarse e aprender". Lía
- "Pareceume ben poque aprendemos como andan os cegos". Hugo
- "Gustoume sentir os distontos papeis que había polas paredes e a frialdade das ventás". Lucas
- "Divertinme pensando que estaba nun laberinto". Alba
- "Moloume esta acividade porque puiden ser cego e guía". Ángela
Suscribirse a:
Entradas (Atom)