SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

12.22.2016

FELIZ NADAL PARA TOD@S!!!




FESTIVAL NADAL 2016



O NOSO TRAMO DO RÍO "navegando@illascies.gal"

Un bo día os peixes do río Fantasía que queda á carón dunha bonita vila chamada Fantasía; decidiron ir xogar á fervenza e de súpeto atopáronse nun gran río. Este río é o río navegando@illascies.gal



Os peixes do río Fantasía son moi curiosos porque ademais de seren bonitos, son todos diferentes, coma nós. Son uns peixes moi interesantes , comen de todo e os máis pequenos han de estar atentos  non vaia ser que os grandes os coman.
Tamén lles gusta saír á superficie, queren descubrir mundo porque son cotillas e amistosos.
Os peixes tamén xogan e bailan fan carreiras e xogan ao escondite.

  

PENSAMENTOS

Toda a  vida na escola,
primeiro para aprender,
despois para ensinar,             
agora vai rematar.


Cada día, unha idea
e tamén unha ilusión.
Creatividade sen par
con dedicación total. 


Chega unha nova etapa,
haberaa que gozar!
aprendendo a vivir,
sen á escola acudir.

12.19.2016

SAÍDA AO ESTADIO BALAÍDOS

Esperando para entrar.
 

Visita e explicación do MUSEO.



Foto coa mascota Celestino.





































Fixemos fotos onde as fan o xogadores cando falan coa prensa.


Saída ao campo polo túnel de vestiarios coma se fósemos xogadores pisando por onde eles pisan.

 
Subimos ás gradas cos banderíns do Celta e animamos coma se houbese partido.
 

Foto de despedida de Primeiro e Segundo de  Primaria.

 

12.16.2016

A PITA CEGA

Novo xogo inclusivo: "A  PITA CEGA"

"PAPÁ NOEL" NO COLE

Hoxe baixamos á  biblioteca a levar  as nosas cartas a Papá Noel.






 Despois de facer a entrega de cartas, tiramos unha foto arredor de Papá Noel.


Como Tristán tivo que saír un ratiño e non lle puido dar a súa carta, démoslla nós e Papá Noel foi tan amable que lle firmou un autógrafo no caderno.

A MALETA DOS CÓMICS





































Temos  " de visita"  na nosa aula unha maleta chea de cómics.  Estamos a facer un intensivo destes libros tan divertidos. Lemos e debuxamos!
 



DE CONTO EN PROSA A CÓMIC

Transformamos o conto de Gulliver nun cómic.



"EN RECORDO ..."



Quero aproveitar a oportunidade que da este medio para agradecer a Carlos, o pai de Antón, a ilusión e o cariño que puxo no “Proxecto do conto de Xabela”. Tiña moi claro como ía ser e ata lle puxera data de remate, sen pensar que nese intre xa non estaría entre nós.


                       GRACIÑAS!!!

12.15.2016

QUE É UN CÓMIC?

Hoxe, na clase de "Lengua  Castellana" definimos coma se  fósemos un dicionario a palabra "CÓMIC" e resultaron unhas definicións  moi xeitosas. Houbo moitas boísimas, aquí van uns exemplos.






 

12.13.2016

PRUDEN

Aquí temos a Prudencio, Pruden para os amig@s.


 
E... quen ven sendo?
É o protagonista do conto "Braille para tod@s". 
Este conto vainos a axudar a aprender con facilidade un pouquiño de braille. 

AS NOSAS FIESTRAS DE NADAL



LIBROS DO PRIMEIRO TRIMESTRE


Xa hai algo máis dunha semana que están rematados. Estamos esperando  a estar case tod@s.


12.09.2016

12.07.2016

TOD@S FOMOS CEG@S POR UN INSTANTE


Do mesmo xeito que fixemos  todo o profesorado, os alumn@s de segundo de Primaria realizaron un percorrido polo cole poñéndose  "na pel" dunha persoa cega. A actividade realizase por parellas, sendo un cego e outro guía, de forma que tod@s sexan cegos e guías.



SENTÍN...

"Primeiro sentín algo de medo, ao final deixeime guiar". Brais
 
"Eu sentime no mundo dos cegos, pensei que ía caer polas escaleiras". Diego

"Pensei que ía caer ao chan e tiña medo de chocar contra as portas. A guía axudoume moito". Antón

"Sentín un pouco de medo e ía pensando en algo bonito para non perder o equilibrio". Noelia

"Sentín un pouco de medo porque non sabía o que había diante de min". Tristán

"Sentinme cega e de non ser polo guía non sabería se había escaleiras." Ángela


 
"Sentín un pouquiño de mediño e nervios. Foi toda unha aventura". Alba

"Sentín medo poque non vía nada e mareabame un pouquiño". Alejandro

"Ver todo negro deume medo. Sentín confianza no meu guía". Lucas

"Tiven medo de caer polas escaleiras que me parecían máis curtas e pequenas". Laura

"Non ver nada, púxome un pouco nervioso". Hugo

"Sentín que podía caer". Nikol

"Pasei medo polas escaleiras". Valeria

"No percorrido noteime nerviosa, non pasou nada grazas á guía". Lía
 

"Levar guía axuda moito". Xiana
 
"Pareceume  peligroso e difícil porque te puedes facer dano. Ir con guía fíxome sentir bien e con calma". Neo
 



OPINIÓNS DESTACADAS

- "Actividade espléndida para orientarse e aprender". Lía
 
- "Pareceume ben poque aprendemos como andan os cegos". Hugo
- "Gustoume sentir os distontos papeis que había polas paredes e a frialdade das ventás". Lucas
 
- "Divertinme pensando que estaba nun laberinto". Alba
 
- "Moloume esta acividade porque puiden ser cego e guía". Ángela
 
- "Gustome baixar escaleiras,  facíao coma se puidera ver pero sen ver". Brais