Aquel día, andaba Fantasía un pouco tristeiro polo patio do colexio. Daba voltas e máis voltas e, nada, seguía aburrido, non tiña amigos.
De súpeto, escoitou unha pequena risotada, mirou detrás dunha árbore e apareceu Lili.
-Ola, ti quen es?
-Son Fantasía, a mascota da clase de segundo. E ti, que es?
-Eu son Lili, queres xogar comigo?
-Siii.
-Que beeen - dixeron os dous á vez.
-Grazas Fantasía, xa tiña ganas de ter un amigo ou unha amiga.
Dende entón Fantasía e máis Lili foron os mellores amigos e ademais pásano moi ben os dous xuntos. E xamais discuten, axúdanse moitísimo.