SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

1.30.2017

CONTOS DE PAZ


“FAI  BEN  E  NON  MIRES  A  QUEN”


*Un día Noelia, Ángela e máis eu saímos de paseo ao parque. Estivemos xogando un tempo e logo merendamos.

Pasado un rato oímos uns ladridos e unhas voces duns nenos. Marchamos  na dirección do son e vimos uns nenos pagando a un canciño.

Despois fomos á miña casa e lles dixen a Noelia e a Ángela:

-Quedar aquí!

Eu fun ao salón correndo e busquei nun caixón. Busquei, busquei e busquei ata que encontrei a miña Pomba da Paz.

Volvemos de novo ao parque e coa miña Pomba da Paz sinalei ao canciño e os nenos fóronse correndo dese lugar. Desde entón coidamos ao canciñ e non volvemos a ver a eses nenos.

Xabela.




*Había unha vez dous nenos. Un chamado Pablo e outro Marcos

Un día , máis ben o día da Paz fixeron un novo amigo que sempre se portaba mal. Ensinárono a portarse ben e foron os mellores amigos.

Tomé.

*Había unha vez un neno chamado Tirso e unha nena chamada Sara. Tirso tiña nove anos e Sara, oito anos.

Certo día Sara e Tirso discutiron  e xa non foron amigos. Entón foron á casa cos seus pais.

Os pais dixéronlles:

-“Fai ben e non mires a quen”

Desde ese día decidiron ser  sempre bos amigos.
Guille.

*Había unha vez un gatiño e un can. O gatiño  sempre se burlaba do can. Un día o gatiño  cansouse   de burlarse do can. Así foi como se converteron nos mellores amigos .
Hugo


*Lucía e Gabriela eran moi amigas e sempre xogaban ben.

Un día cando se enfadaron, xa non querían volver a ser amigas.

Ao día seguinte Lucía e Gabriela saían da casa moi tristes porque se sentían soas. Cando se viron polo camiño abrazáronse  falaron de que querían ser amigas para sempre. Que ben!

Noe



*Pruden ía polo parque e encontrouse con Lili. Foron ao parque  os dous xuntos. Ao cabo dun tempo encontráronse con don Quixote que estaba ferido no xeonllo Como a eles non lle gustaban as súas historias. Non o axudaron e seguiron camiñando. Un rato despois encontraron a Lulú e contáronlle todo o sucedido. Lulú díxolles se nunca oíran o refrán, “Fai ben e non mires a quen”. Explicoulles o que significaba e foron axudar a Don Quixote. Despois fixéronse moi amigos.
Tris

 

*Hoxe Lili foi ao colexio porque era o día da Paz.

Ao chegar viu unha nova alumna chamada Lola.

Lola non trataba ben a Lili. Á hora do recreo Lili intentou convencer a Lola para xogar.  Lola en vez de xogar empurrouna.

Cando ían a celebrar a Paz, Lola caeu e Lili foi a axudala. Así foi como se fixeron moi boas amigas.

É unha gran historia de Paz!

Lía.  


 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ



Ensaiando para facer "mannequin challenge".



 
 
Bailamos e cantamos a "Danza da Paz".
 

 
 

1.27.2017

RÍO FANTASÍA


 
O río Fantasía é un río máxico porque ten moitos peixes bonitos, variados e fantásticos.

Este río ten unha fermosa fervenza de augas cristalinas e limpas que fan que sexa un lugar extraordinario.

Arredor do río hai unha paisaxe natural con moita vexetación e camiños para facer rutas de sendeirismo.

Á carón do río atópase unha vila, Fantasía, tranquila e chea de paz. Nesta vila hai colexio, parque infantil, casas e tamén tendas. As súas xentes son xenerosas, amables e divertidas.

Os protagonistas do río son os peixes que como habitan no río senten  que é o seu territorio. Son uns peixes moi viaxeiros e gústalles ir de aventuras ata o Corredor do Atlántico.

O guía turístico é Fantasía que responde amablemente a todas as preguntas que lle fagamos.
                                                                                (Texto feito entre tod@s)

A PORTA DA NOSA AULA

A porta da nosa aula está decorada co RÍO FANTASÍA. Este traballo forma parte do Proxecto do cole para este curso:     navegando@illascies.gal

DRÁCULA , NOVO XOGO INCLUSIVO



Drácula é o nome deste novo xogo inclusivo.
Hai que atopar a Drácula. Se das con el será outro Drácula. Remata cando todos sexan Dráculas.

1.26.2017

POMBA PACÍFICA


Pacífica é unha pomba branca coma a neve co peteiro laranxa. É moi xenerosa e fai unha maxia incrible. Axuda á xente coa súa maxia. Gústalle moito voar e nadar , o seu voo encanta a todo o mundo.
 
Pacífica nunca pelexa e nin fai mal algún. Todo o contrario, se alguén esta triste ou enfadado, ela faino feliz. É unha pomba moi lista e pacífica.
Pacífica é fantástica!
                                 (Lucas, Tristán, Alba, Noe, Lía, Laura)
 

 
 
 
 
RESOLVENDO CON PACÍFICA
Unha mañá un neno espertouse moi cedo non quería durmir.
Pacífica deulle un bico e ese neno tivo moitísimo sono.
Antón.
 
UNHA HISTORIA XEADA
Pacífica está a pasear polo parque e chega o carriño dos xeados.
Cando parou, Pacífica púxose á cola e viu un neno chorando porque lle caera xeado. Pacífica comprou dous n para ela e outro para o neno que quedou moi contento. Así foi esta nova aventura. Lía.
 
PACÍFICA  E   A  PELEXA
Outro día Pacífica estaba no parque e viu a dous nenos pelexando por tirarse pola tirolina e alí acudiu.
-Eh! Que pasa aquí?
-Que el se colou!
-Non, non é certo!
-Bueno, por que non vos tirados os dous á vez?
-Vale!
Así se fixeron amigos.
Pacífica pensou:
 -“Caso pechado!”
 Tristán. 

1.24.2017

LIAPESADILLAS


Xabela leunos un conto titulado "Liapesadillas". 
Despois fixemos os seguintes traballos:
-Resumo do conto.
-Contamos un pesadelo que podía ser real ou imaxinado.
-Transformamos o pesadelo nun soño doce e  feliz grazas á intervención de Liapesadillas.


O MEU CONTO DE CONTOS - GUILLE

 

OS MEUS CONTOS DO COLE - ANTÓN

 

1.19.2017

MURAL-CÓMIC "BRAILLE PARA TOD@S"

Este mural está colocado no corredor de entrada á biblioteca.

 

BRAILLE PARA TOD@S EN CÓMIC

Transformamos o conto "BRAILLE   PARA   TODOS!"  en cómic.
 






Fixemos "seis" viñetas coas que completamos un cómic tamaño  mural.
 

MURAL "BRAILLE CON CORES"

O mural que fixemos de aplicación do conto "BRAILLE PARA TODOS!" está colocado á entrada da nosa aula.
 
 
 

1.18.2017

DEBUXOS DE LÍA PARA ILUSTRAR UN CONTO DE XABELA

Xabela inventou un conto, escribiuno en braille e  con el vai   participar nun concurso da ONCE. Lía fíxolle as ilustracións.  Quedaron así de preciosas.

 





 

"SLOGÁNS", LEMAS PARA ANIMAR Á LECTURA