Pacífica é unha pomba branca coma a neve co peteiro laranxa. É moi xenerosa e fai unha maxia incrible. Axuda á xente coa súa maxia. Gústalle moito voar e nadar , o seu voo encanta a todo o mundo.
Pacífica nunca pelexa e nin fai mal algún. Todo o contrario, se alguén esta triste ou enfadado, ela faino feliz. É unha pomba moi lista e pacífica.
Pacífica é fantástica!
(Lucas, Tristán, Alba, Noe, Lía, Laura)
RESOLVENDO CON PACÍFICA
Unha mañá un neno espertouse moi cedo non quería durmir.
Pacífica deulle un bico e ese neno tivo moitísimo sono.
Antón.
UNHA HISTORIA XEADA
Pacífica está a pasear polo parque e chega o carriño dos xeados.
Cando parou, Pacífica púxose á cola e viu un neno chorando porque lle caera xeado. Pacífica comprou dous n para ela e outro para o neno que quedou moi contento. Así foi esta nova aventura. Lía.
PACÍFICA E A PELEXA
Outro día Pacífica estaba no parque e viu a dous nenos pelexando por tirarse pola tirolina e alí acudiu.
-Eh! Que pasa aquí?
-Que el se colou!
-Non, non é certo!
-Bueno, por que non vos tirados os dous á vez?
-Vale!
Así se fixeron amigos.
Pacífica pensou:
-“Caso pechado!”
Tristán.