“FAI BEN
E NON MIRES
A QUEN”
*Un día Noelia, Ángela e máis eu saímos de paseo ao
parque. Estivemos xogando un tempo e logo merendamos.
Pasado
un rato oímos uns ladridos e unhas voces duns nenos. Marchamos na dirección do son e vimos uns nenos pagando
a un canciño.
Despois
fomos á miña casa e lles dixen a Noelia e a Ángela:
-Quedar
aquí!
Eu
fun ao salón correndo e busquei nun caixón. Busquei, busquei e busquei ata que
encontrei a miña Pomba da Paz.
Volvemos
de novo ao parque e coa miña Pomba da Paz sinalei ao canciño e os nenos fóronse
correndo dese lugar. Desde entón coidamos ao canciñ e non volvemos a ver a eses
nenos.
Xabela.
*Había
unha vez dous nenos. Un chamado Pablo e outro Marcos
Un
día , máis ben o día da Paz fixeron un novo amigo que sempre se portaba mal.
Ensinárono a portarse ben e foron os mellores amigos.
Tomé.
*Había
unha vez un neno chamado Tirso e unha nena chamada Sara. Tirso tiña nove anos e
Sara, oito anos.
Certo
día Sara e Tirso discutiron e xa non
foron amigos. Entón foron á casa cos seus pais.
Os
pais dixéronlles:
-“Fai
ben e non mires a quen”
Desde
ese día decidiron ser sempre bos amigos.
*Había
unha vez un gatiño e un can. O gatiño sempre se burlaba do can. Un día o gatiño cansouse de
burlarse do can. Así foi como se converteron nos mellores amigos .
Hugo
*Lucía
e Gabriela eran moi amigas e sempre xogaban ben.
Un
día cando se enfadaron, xa non querían volver a ser amigas.
Ao
día seguinte Lucía e Gabriela saían da casa moi tristes porque se sentían soas.
Cando se viron polo camiño abrazáronse
falaron de que querían ser amigas para sempre. Que ben!
Noe
*Pruden
ía polo parque e encontrouse con Lili. Foron ao parque os dous xuntos. Ao cabo dun tempo encontráronse
con don Quixote que estaba ferido no xeonllo Como a eles non lle gustaban as súas
historias. Non o axudaron e seguiron camiñando. Un rato despois encontraron a
Lulú e contáronlle todo o sucedido. Lulú díxolles se nunca oíran o refrán, “Fai
ben e non mires a quen”. Explicoulles o que significaba e foron axudar a Don
Quixote. Despois fixéronse moi amigos.
Tris
*Hoxe
Lili foi ao colexio porque era o día da Paz.
Ao
chegar viu unha nova alumna chamada Lola.
Lola
non trataba ben a Lili. Á hora do recreo Lili intentou convencer a Lola para
xogar. Lola en vez de xogar empurrouna.
Cando
ían a celebrar a Paz, Lola caeu e Lili foi a axudala. Así foi como se fixeron
moi boas amigas.
É
unha gran historia de Paz!
Lía.