SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

5.31.2017

CON MOITO RITMO!!


-Que aburrido!- berrou un neno.

-Xa sei a que  queremos xogar!- dixo unha nena.

-Pero… se está chovendo - respondeu outra nena.

Despois a máis pequena tombouse  e golpeou na madeira.

-Mirade!! Pun, pun, pun,…

Cando parou de chover, colleron unhas caixas e saíron á rúa dando golpiños nelas.

Ao escoitar aquilo á xente dixo:

-Que ben!

Cada vez o son das caixas era mellor.  Así descubriron os tambores.

Lía.


****
Un día de chuvia catro nenos estaban na casa.

-Que aburrimento!

-Eu penso saír aínda que chova.

-Non vaias!

-Aquí podémonos divertir.

-Mira, agora cae sarabia.

-Imos dar golpes no chan coma o son da sarabia.

Gustoulles o son e pasaron a dar os golpes nuns caixóns. Grazas a eles inventáronse os tambores! Nese país non existían.

-Que beeen!- dixo un neno.

Tomé.
****

Un día, na casa duns nenos…

-Que mal!

-Non podemos saír xogar fóra!

-Que podemos facer?

Ao cabo dun rato…

-Acábaseme de ocorrer unha idea!!

-Conta, conta!

-Collede uns caixóns, uns paus  e moooito ritmo.

E sen máis, puxéronse a tocar cos paus nos caixóns.

Cando deixou de chover, saíron fóra a tocar. A xente saíu das súas casas a bailar.

Tristán.

LILA, A BRUXA



A bruxa Lila é moi  amable e simpática.

A veces, gústalle levar gafas de sol nos seus ollos redondiños.

Viste unha bata violeta e un sombreiro amarelo.



Lila e a planta máxica

Lila estaba paseando polo bosque e encontrouse cunha planta máxica.

Lila dixo:

-Quen es?

-A planta máxica, podo facer maxia boa para todos.

-E para min?

-Si, sobretodo é para axudar aos demais.

-Para iso a quería.

A partir dese día foron as mellores salvadoras.
Guille.

5.23.2017

COUSAS DE MANOLA, A PEIXEIRA.




































MANOLA PESCA NA PRAIA

Manola, como todos sabedes, é unha peixeira. Probablemente sexa a mellor da zona. Cando vende os seus peixes pola rúa, A xente llos compra ata que queda sen eles.

Ela ten un almacén onde garda todo, todo, todo, todiño o peixe que pesca. Un día, quedou sen eles e exclamoú:

-Que vou facer  sen peixes para vender!

Deulle voltas e máis voltas á cabeza ata que se lle ocurriu unha idea  e dixo:

-Irei ao mar a pescar para que a xente compre os meus peixes outra vez.

Entón, foi alí e pescou: sardiñas, xureliños, chocos, rapantes,…

Cando chegou á cidade vendeu o peixe a xente e sempre que se lle acaba o peixe vai pescar á praia.

XABELA














5.19.2017

X CERTAME LITERARIO "O VERMIÑO", GAÑADORA DE 2º DE PRIMARIA



PARABÉNS A TODOS OS GAÑADORES!

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017


 
BAILANDO, CANTANDO  E  REPRESENTANDO  A CANCIÓN:
 
"MANOLA"


 

TRABALLANDO NA ESCOLA VESTIDOS CON TRAXES DE COMEZOS DO SÉCULO PASADO



LOLO ANDA EN BICICLETA

Fixemos a portada deste libro- conto de Carlos Casares.

 

5.18.2017

DINOSETO E MÁIS DINOSETIÑO LIMPAN O RÍO - ANTÓN

Unha vez Dinoseto e máis Dinosetiño foron ao monte a dar un paseo. Polo camiño encontráronse un río cheo de latas, botellas, bolsas e un montón doutras cousas.
Dinoseto meteu todas esas cousas coa axuda de Dinosetiño nunhas bolsas que despois levaron ao contedor. 
 
 

O MEU CONTO DOS CONTOS 2 - GUILLERMO


OS MEUS CONTOS 2 - ALBA


5.12.2017

INVENTAMOS COUSIÑAS DOS DINOSETOS

 
DINOSETO  E  DINOSETIÑO RECICLAN POR PRIMEIRA VEZ. ÁNGELA
Hoxe Dinoseto e Dinosetiño foron a comprar iogures  ao supermercado e dous envases de leite desnatado. Dúas semanas máis tarde o leite e os iogures acabáronse Dinosetiño foi a tiralos ao contedor. Había varios contedores e decatouse, axudado por Dinoseto, que hai que separar o lixo e tiralo onde é para reciclar.

 
O  XOGO  DOS   DINOSETOS. ALICIA
Os nenos de segundo van cos Dinosetos para facer un xogo. Un neno tapa os ollos e os outros nenos dinlle onde ten que tirar o lixo para reciclar.
Todos o fixeron ben: Lola,  Martina, Paula, André, Luis, ...
Foi o mellor día dos Dinosetos!
 
 
CEIP que?  LUCAS
UN día Dinoseto espertouse moi cedo. Comeu as sardiñas dunha lata e foi ao colexio CEIP  ILLAS CÍES  a ver aos nenos e máis ás nenas. Leva a Dinosetiño. Cando chegaron foron moi ben recibidos. Dinosetiño cansouse un pouco porque a visita durou bastante.
 
 
UN  DÍA  NA  PRAIA. LÍA
Hoxe Dinoseto e Dinosetiño foron á praia.
-Vou nadar - dixo Dinoseto.
Cando Dinosetiñe se meteu na auga viu algo desastroso... Todo o mar estaba cheo de lixo.
-Papaaaaaa! - berrou Dinosetiño.
-Que.. Aaaah! - respondeu Dinoseto.
Entón, recolleron todo o lixo , grazas á axuda dos animais  mariños.
 
 
O  PAI   ENFADADO. TRISTÁN
Un día estaba Dinoseto botando a basura nos colectores pero, non sabía onde botar cada cousa.
Dinosetiño empezouse a rir del. Dinoseto enfadouse tanto que o tirou ao contedor do lixo. Cando a Dinoseto se lle pasou o enfado soubo que por casualidade acertara. Como castigo, sempre tiraría Dinosetiño o lixo.
 
 
RECICLAMOS COS DINOSETOS. NOELIA.
Unha vez Dinoseto e Dinosetiño ían de paseo. Dinoseto comía un plátano e tirou a tona nun sitio equivocado.
Cando chegaron á casa Dinosetiño ensiñoulle a reciclar:
-Isto vai aquí, estoutro vai aquí,...
-Teño que aprender!
Cando pasaron uns cantos días, Dinoseto soubo onde tiña que tirar cada cousa. Soubo reciclar!
 
 

RECICLAXE

Preparados para a charla /conferencia sobre a reciclaxe.


Que sorpresa! Dinoseto e Dinosetiño.



Escoitamos moi atentos.
Tamén bailamos.
 

NOVOS INVENTOS DE TORIBIO


Do mesmo xeito que facía Toribio, nós tamén fixemos uns inventos ben inxeniosos.

5.09.2017

TEATRO ESCOLAR


Hoxe tivemos a sorte de ir de teatro, para ver:
"A miña nai a oca"
"O domador Nicanor"
"Titirifrian"



 


 
OPINIÓNS:
-Resultou moi divertido porque facían cousas moi graciosas, dentro dos contos de sempre. Antón.
-Gustoume porque había moitas historias coñecidas. Alicia.
-Todos os contos que contaron, son os meus favoritos. O teatro estivo guai porque actuaban moit@s nen@s. As actuacións foron todas divertidas. Ata me gustaron as paredes do teatro que semellaban ser teclas dun piano.  Noe.
- A música gustoume moito. Alba
-Pareceume interesante porque facían transformacións graciosas. Brais.
-Facían moitas cousas, actuaban, bailaban, poñían o escenario,... Lía.
-Os bailes eran molóns. Ángela.
-Acompañamos cantando e con palmas. Laura.
-Todos estiveron moi, moi ben. Xiana



LIBROS E MÁIS LIBROS 3 - TRISTÁN


5.02.2017