SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

5.31.2017

CON MOITO RITMO!!


-Que aburrido!- berrou un neno.

-Xa sei a que  queremos xogar!- dixo unha nena.

-Pero… se está chovendo - respondeu outra nena.

Despois a máis pequena tombouse  e golpeou na madeira.

-Mirade!! Pun, pun, pun,…

Cando parou de chover, colleron unhas caixas e saíron á rúa dando golpiños nelas.

Ao escoitar aquilo á xente dixo:

-Que ben!

Cada vez o son das caixas era mellor.  Así descubriron os tambores.

Lía.


****
Un día de chuvia catro nenos estaban na casa.

-Que aburrimento!

-Eu penso saír aínda que chova.

-Non vaias!

-Aquí podémonos divertir.

-Mira, agora cae sarabia.

-Imos dar golpes no chan coma o son da sarabia.

Gustoulles o son e pasaron a dar os golpes nuns caixóns. Grazas a eles inventáronse os tambores! Nese país non existían.

-Que beeen!- dixo un neno.

Tomé.
****

Un día, na casa duns nenos…

-Que mal!

-Non podemos saír xogar fóra!

-Que podemos facer?

Ao cabo dun rato…

-Acábaseme de ocorrer unha idea!!

-Conta, conta!

-Collede uns caixóns, uns paus  e moooito ritmo.

E sen máis, puxéronse a tocar cos paus nos caixóns.

Cando deixou de chover, saíron fóra a tocar. A xente saíu das súas casas a bailar.

Tristán.