Hoxe Dinoseto e Dinosetiño foron a comprar iogures ao supermercado e dous envases de leite desnatado. Dúas semanas máis tarde o leite e os iogures acabáronse Dinosetiño foi a tiralos ao contedor. Había varios contedores e decatouse, axudado por Dinoseto, que hai que separar o lixo e tiralo onde é para reciclar.
O XOGO DOS DINOSETOS. ALICIA
Os nenos de segundo van cos Dinosetos para facer un xogo. Un neno tapa os ollos e os outros nenos dinlle onde ten que tirar o lixo para reciclar.
Todos o fixeron ben: Lola, Martina, Paula, André, Luis, ...
Foi o mellor día dos Dinosetos!
CEIP que? LUCAS
UN día Dinoseto espertouse moi cedo. Comeu as sardiñas dunha lata e foi ao colexio CEIP ILLAS CÍES a ver aos nenos e máis ás nenas. Leva a Dinosetiño. Cando chegaron foron moi ben recibidos. Dinosetiño cansouse un pouco porque a visita durou bastante.
UN DÍA NA PRAIA. LÍA
Hoxe Dinoseto e Dinosetiño foron á praia.
-Vou nadar - dixo Dinoseto.
Cando Dinosetiñe se meteu na auga viu algo desastroso... Todo o mar estaba cheo de lixo.
-Papaaaaaa! - berrou Dinosetiño.
-Que.. Aaaah! - respondeu Dinoseto.
Entón, recolleron todo o lixo , grazas á axuda dos animais mariños.
O PAI ENFADADO. TRISTÁN
Un día estaba Dinoseto botando a basura nos colectores pero, non sabía onde botar cada cousa.
Dinosetiño empezouse a rir del. Dinoseto enfadouse tanto que o tirou ao contedor do lixo. Cando a Dinoseto se lle pasou o enfado soubo que por casualidade acertara. Como castigo, sempre tiraría Dinosetiño o lixo.
RECICLAMOS COS DINOSETOS. NOELIA.
Unha vez Dinoseto e Dinosetiño ían de paseo. Dinoseto comía un plátano e tirou a tona nun sitio equivocado.
Cando chegaron á casa Dinosetiño ensiñoulle a reciclar:
-Isto vai aquí, estoutro vai aquí,...
-Teño que aprender!
Cando pasaron uns cantos días, Dinoseto soubo onde tiña que tirar cada cousa. Soubo reciclar!