SUBIDA AO COLE CEIP ILLAS CIES

SUBIDA  AO  COLE CEIP ILLAS CIES
SUBIDA AO COLE "CEIP ILLAS CÍES"

5.23.2017

COUSAS DE MANOLA, A PEIXEIRA.




































MANOLA PESCA NA PRAIA

Manola, como todos sabedes, é unha peixeira. Probablemente sexa a mellor da zona. Cando vende os seus peixes pola rúa, A xente llos compra ata que queda sen eles.

Ela ten un almacén onde garda todo, todo, todo, todiño o peixe que pesca. Un día, quedou sen eles e exclamoú:

-Que vou facer  sen peixes para vender!

Deulle voltas e máis voltas á cabeza ata que se lle ocurriu unha idea  e dixo:

-Irei ao mar a pescar para que a xente compre os meus peixes outra vez.

Entón, foi alí e pescou: sardiñas, xureliños, chocos, rapantes,…

Cando chegou á cidade vendeu o peixe a xente e sempre que se lle acaba o peixe vai pescar á praia.

XABELA