Lili vive nunha casiña rodeada dun bonito prado
con moitas flores. Alí xoga cada día coa súa cadela Lúa.
O seu cuarto
está pintado de lila. Nel hai un estante no que ten unha chea de contos de princesas. A roupa
gárdaa nun armario con debuxos das súas flores favoritas.
A Lili
gústalle moitísimo o mundo da moda. A
roupa que máis lle gusta son os vestidos e máis as saias, en especial os de
voos e con teas brillantes.
A súa comida
preferida é a tortilla de patacas. Pásao de marabilla facendo galletas de
chocolate e biscoitos.
Na escola desfruta escribindo, lendo e facendo todas as cousas que se fan na clase. En música mólanlle os instrumentos, tanto que non sabe cal elixir.
Lili no
recreo xoga coas súas amigas e amigos á pita. Di que é emocionante porque ten que escapar ás carreiras para que
non a pillen.
Un día no
cole, cando estaba escribindo un conto dunha ra viaxeira, caéuselle un dente.
Avisou á profe que llo meteu nun paquetiño para asegurar que non se perda pola
mochila.
Cando Lili
chegou á casa xa era noite.
-Un dente!
Caeume un dente!
E foi
correndo ao seu cuarto para deixar o
dente debaixo da súa almofada.
Durante á
cea contoulle á súa familia a historia do seu dente, xa que non foi quen de
tomar o bocadillo da merenda e agora tiña moitísima fame.
Aquela noite
foi ben longa, Lili non se daba durmido porque estaba impaciente pola chegada
do rato Pérez. Tiña tanto sono que ao final quedou durmida.
Ao día
seguinte cando espertou, sorpresa!
O rato Pérez
deixoulle un peluche de coelliño que brillaba na escuridade.
Que bonito!
A Lili fíxoa
moi feliz aquel coelliño. Dende entón durme con el todas as noites e sempre soña que xogan moi felices os tres;
ela , o seu can Lúa e o coelliño.