Xián é un neno de cidade.
Ten oito anos. Vive nunha casa moi preto do cole.
É un neno de ollos azuis,
pelo rubio e sempre ten un gran sorriso na súa cara. Dá gloria velo.
Xián é moi espelido,
amable, deportista e imaxinativo. Sempre está
a pensar cousas fantásticas.
O que máis lle gusta é
comer, xogar e facer música.
Non lle gustan nada as
pelexas.
Xián cando vai polo camiño como é tan imaxinativo, imaxina que
lle suceden unha chea de aventuras superfantásticas.
Un día foi quen de loitar
con dinosauros, rodear un volcán, encantar a bruxas, cruzar o mar a nado en
compañía de quenllas,...Así todos os días, ida e volta, enfrontándose a novo
perigos. XABELA
Imaxinou que era un mago,
que sempre pensaba ben de todos e en todos. GUILLER
Unha vez ía nun avión e
tirouse en paracaídas con todos os compañeiros . Baixaron formando unha lúa
perfecta. NIKOL
Imaxinaba que todo o mundo
era feliz e ninguén facía cousas malas. HUGO
Noutra ocasión estivo na
selva, alí faise amigo dun mono. Explora a selva e fai moitos amigos. Chega a
un portal e vai cara un mundo de fantasía. O portal é a porta do colexio. TOMÉ
Outra vez atopouse no
medio dunha pelexa entre un esquío e unha raposa. Xián estaba moi asustado ata
que o seu mellor amigo que ía ao seu lado lle dixo:
-Xa estamos no colexio! ANTÓN
Tamén imaxinou que
estaba nunha illa de aventureiro
pasándoo xenial e que ía tan feliz nunha lancha. ALBA
Cruzouse con tigres e
animais prehistóricos. LUCAS
Imaxinou que inventaba
unha nova máquina. Os compañeiros da clase tamén estaban a facer unha nova
máquina. Espertou e decatouse que era un soño. Cando chegou á clase todos
inventaban máquinas e Xián quedou moi sorprendido. ÁNGELA
Un día imaxinou que era
moi famoso. Salvou a un gatiño de caer dunha árbore e tamén salvou a unha anciá
de que a atropelase un camión mentres cruzaba. Por iso chegou a presidente do
goberno. LÍA
Camiñaba divertido cos seus
pensamentos cando atopou ao seu amigo David que estaba moi
triste. Perdera o seu dente e non llo podía pór ao rato Pérez. Xián imaxinou
onde podería estar, e alí estaba. Que contento se puxo David. NOE
Nunha ocasión estaba con Fantasía no río. Bañáronse, xogaron,
merendaron e tomaron o sol. Este soño pasou de verdade. ALI
Xián cando camiñaba cara
ao cole e como era amigo de Consumillas, tiña o superpoder de meterse no que
pensase. Imaxinou a “Área cincuenta e un” e entrou. Como viña do río tiña
pedras nos petos. Caeulle unha e rompeu
as gaiolas de extraterrestres que eran
todos bos. E tiñan nomes bos como Achuchón, Algodón de azucre...Mostraronlle a
Xián todo o que sabían. Cando Xián chegou ao colexio deixou de imaxinar. TRIS
Outro bo día de camiño do
cole , Xián imaxinou que mergullaba e
vía uns coloridos peixes e corais. Encontrou unhas sereas cantando nun castelo.
Alí había unha raíña no seu trono colocando os corais. Había sereas vendo a súa
alga e outras pelexando por elas.
-Como te chamas?-
preguntou Xián.
-Son Xema, e ti?
-Eu son Xián. Queres ser a
miña amiga?
-Si!!! Es o meu primeiro
amigo.
-Oh, que guachi!!!
Entón, Xema e Xián foron
ao xardín ás dúas en punto. Ao saír Xián
decatouse de que estaban saíndo do cole. Xema era nova en clase. LAURA